Ángela Alves

lunes, 17 de marzo de 2014

Os alérxicos ao pole vivirán unha primavera tan intensa como a do ano pasado.

Avecíñase unha primavera tan intensa como a anterior para os alérxicos. Con 5.600 grans por metro cadrado, os niveis de pole de gramíneas ameazan con igualar ou superar os do ano pasado, 5.400, e causar estragos en case o 20% dos españois.
«Vén un ano calentito», advirte o presidente da Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía (SEAIC), José María Olaguibel, quen dixo nunha rolda de prensa que, malia todo, non debe fundir o pánico se se toman as medidas axeitadas.
As previsións non son moi alentadoras para os oito millóns de pacientes que xa empezan a espirrar, limparse as bágoas ou resgarse o nariz, segundo un estudo elaborado pola rede de Aerobioloxía da SEAIC en colaboración coa Universidade de Castela e León, que analiza as condicións meteorolóxicas (chuvia, temperatura e humidade) en Madrid, Toledo, Ciudad Real e Badaxoz.
Os efectos do pole empezarán a notarse aínda máis a finais de marzo, aínda que será en abril, maio e xuño cando os afectados deberán prestar especial atención aos síntomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario