Avecíñase unha primavera tan intensa como a anterior para os alérxicos. Con 5.600 grans por metro cadrado, os niveis de pole de gramíneas ameazan con igualar ou superar os do ano pasado, 5.400, e causar estragos en case o 20% dos españois.
«Vén un ano calentito», advirte o presidente da Sociedade Española de Alergoloxía e Inmunoloxía (SEAIC), José María Olaguibel, quen dixo nunha rolda de prensa que, malia todo, non debe fundir o pánico se se toman as medidas axeitadas.
As previsións non son moi alentadoras para os oito millóns de pacientes que xa empezan a espirrar, limparse as bágoas ou resgarse o nariz, segundo un estudo elaborado pola rede de Aerobioloxía da SEAIC en colaboración coa Universidade de Castela e León, que analiza as condicións meteorolóxicas (chuvia, temperatura e humidade) en Madrid, Toledo, Ciudad Real e Badaxoz.
Os efectos do pole empezarán a notarse aínda máis a finais de marzo, aínda que será en abril, maio e xuño cando os afectados deberán prestar especial atención aos síntomas.
Ángela Alves
lunes, 17 de marzo de 2014
Os elefantes saben gritar ¡ Coidado Humanos !
jueves, 13 de marzo de 2014
Claves para saber vivir ben.
Que debemos saber para vivir ben? O dr. Sarráis, especialista do Departamento de Psiquiatría e Psicoloxía Médica da Clínica Universidade de Navarra, dános as claves para vivir felices. Unha delas é vivir en positivo.
A primeira quenlla branca a punto de cruzar o atlántico.
Ocearch, unha organización científica e sen ánimo de lucro que estuda as quenllas, colocou a «Lydia» unha etiqueta cando se encontraba en augas de Florida hai un ano, co obxectivo de seguir os seus movementos por satélite en tempo real. O exemplar foi elevado a unha inmensa plataforma, onde, ademais de marcalo, se lle extraeu sangue e se comprobou o seu estado de saúde, un proceso que durou quince minutos. Desta forma, os investigadores comprobaron que o animal viaxou, en total, máis de 30.500 km. O pasado fin de semana, cruzou a dorsal Atlántica, a cordilleira volcánica que marca unha liña divisoria aproximada entre o leste e o oeste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
