Ángela Alves

martes, 17 de diciembre de 2013

Stephen Hawking e os conos luminosos.



O científico británico Stephen WHawking dedicou boa parte do seu traballo ao estudo dos buratos negros.
No seu libro Historia do Tempo explica como, nunha estrela que se está a colapsar, os conos luminosos que emite empezan a curvarse na superficie da estrela.
Ao facerse pequena, o campo gravitatorio crece e os conos de luz inclínanse cada vez máis, ata que xa non poden escapar. A luz apágase e vólvese negro.
Se un compoñente dunha estrela binaria se converte en burato negro, toma material da súa compañeira. Cando o remuíño se achega ao burato, móvese tan á présa que emite raios X. Así, aínda que non se pode ver, pódese detectar polos seus efectos sobre a materia próxima
Os buratos negros non son eternos.Aínda que non se escape ningunha radiación, parece que poden facelo algunhas partículas atómicas e subatómicas.Alguén que observase a formación dun burato negro dende o exterior, vería unha estrela cada vez máis pequena e vermello ata que, finalmente, desaparecería. A súa influencia gravitatoria, non obstante, seguiría intacta.
Como no Big Bang, nos buratos negros se dá unha singularidade, é dicir, as leis físicas e a capacidade de predición fallan. En consecuencia, ningún observador externo pode ver que pasa dentro.
As ecuacións que intentan explicar unha singularidade dos buratos negros han de ter en conta o espazo e o tempo. As singularidades situaranse sempre no pasado do observador (como o Big Bang) ou no seu futuro (como os colapsos gravitatorios). Esta hipótese coñécese co nome de "censura cósmica".

A teoría do Big Bang.Formación do Universo.

Di que hai uns 13.700 millóns de anos a materia tiña unha densidade e unha temperatura infinitas. Houbo unha explosión violenta e, dende entón, o universo vai perdendo densidade e temperatura.
O Big Bang é unha singularidade, unha excepción que non poden explicar as leis da física. Podemos saber que pasou dende o primeiro instante, pero o momento e tamaño cero aínda non teñen explicación científica.

Buratos negros.

Os chamados buratos negros son corpos cun campo gravitatorio moi grande, enorme.
Non pode escapar ningunha radiación electromagnética nin luminosa, por iso son negros. Están rodeados dunha "fronteira" esférica que permite que a luz entre pero non saia.
Hai dous tipos de buratos negros:
Corpos de alta densidade e pouca masa concentrada nun espazo moi pequeno, e corpos de densidade baixa pero masa moi grande, como pasa nos centros das galaxias.
Se a masa dunha estrela é máis de dúas veces a do Sol, chega un momento no seu ciclo en que nin tan só os neutróns poden soportar a gravidade. A estrela colápsase e convértese en burato negro.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Que é o Universo?

O Universo é todo, sen excepcións. Materia, enerxía, espazo e tempo, todo o que existe forma parte do Universo. É moi grande, pero non infinito. Se o fose, habería infinita materia en infinitas estrelas, e non é así. En canto á materia, o universo é, sobre todo, espazo baleiro.
O Universo contén galaxias, cúmulos de galaxias e estruturas de maior tamaño chamadas supercúmulos, ademais de materia intergaláctica. Aínda non sabemos con exactitude a magnitude do Universo, a pesar da avanzada tecnoloxía dispoñible na actualidade.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Eclipse lunar.


Unha eclipse lunar consiste no paso dun satélite planetario, como a Lúa, pola sombra proxectada polo planeta, de forma que a iluminación directa do satélite por parte do Sol se interrompe. Teñen lugar unicamente preto da fase de lúa chea, e poden ser observados dende amplas zonas da superficie terrestre, particularmente de todo o hemisferio que non é iluminado polo Sol, sempre que a Lúa estea por enriba do horizonte.

Normalmente a desaparición da Lúa non é total; o seu disco queda iluminado pola luz dispersada pola atmosfera terrestre e adquire un halo avermellado. A sombra total ou umbro producido pola terra queda rodeado por unha rexión de sombra parcial chamada penumbra. Nas etapas iniciais e postremeiras da eclipse lunar, a Lúa entra en penumbra.

Eclipse solar.


Unha eclipse solar consiste no escurecemento total ou parcial do Sol que se observa dende un planeta polo paso dun satélite, como por exemplo o paso da Lúa entre o Sol e a Terra. Unha eclipse de Sol só é visible nunha estreita franxa da superficie da Terra. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, proxecta sombra nunha determinada parte da superficie terrestre, e un determinado punto da Terra pode estar inmerso no cono de sombra ou no cono de penumbra.
Aqueles que se encontren na zona na cal se proxecta o cono de sombra verán o disco da Lúa superpoñerse integramente ao do Sol, e neste caso terase unha eclipse solar total. Os que se encontren nunha zona interceptada polo cono de penumbra, verán o disco da Lúa superpoñerse só en parte ao do Sol, e tense unha eclipse solar parcial.

martes, 10 de diciembre de 2013

Uns peixes evolucionan en Hawai

Un peixe hawaianao utiliza o mesmo mecanismo para trepar e comer. Cando ten que trepar por déixase realmente os dentes. Este peixe, de 2,5 centímetros de longo, utiliza as ventosas da súa boca e o estómago para trepar por acantilados de Hawai. Debido a que o seu hábitat pode verse perturbado con facilidade, por unha gran tormenta, por exemplo, adoita trepar por fervenzas para volver corrente arriba. Non obstante, segundo Richar Blod non se sabe como evolucionou esta estraña criatura para percorrer distancias verticais de ata 30 metros.