Unha eclipse solar consiste no escurecemento total ou parcial do Sol que se observa dende un planeta polo paso dun satélite, como por exemplo o paso da Lúa entre o Sol e a Terra. Unha eclipse de Sol só é visible nunha estreita franxa da superficie da Terra. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, proxecta sombra nunha determinada parte da superficie terrestre, e un determinado punto da Terra pode estar inmerso no cono de sombra ou no cono de penumbra.
Aqueles que se encontren na zona na cal se proxecta o cono de sombra verán o disco da Lúa superpoñerse integramente ao do Sol, e neste caso terase unha eclipse solar total. Os que se encontren nunha zona interceptada polo cono de penumbra, verán o disco da Lúa superpoñerse só en parte ao do Sol, e tense unha eclipse solar parcial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario