Ángela Alves

martes, 18 de febrero de 2014

Células nai de persoas, obtidas por clonación

Trátase dun dos descubrimentos científicos mais importantes dos últimos anos e que máis vantaxes pode reportar para a saúde do ser humano, seguro que miles de persoas o van recibir con moita dose de esperanza e de ilusión.

Un grupo de científicos estadounidenses conseguiu por primeira vez células nai embrionarias co mesmo ADN (clonadas) dun adulto. O traballo é o primeiro éxito en humanos da técnica que deu orixe, por exemplo, á ovella Dolly, pero os autores insisten en que non se trata de obter persoas clonadas, senón en chegar á fase de blastocisto do embrión (arredor dos cinco ou seis días de desenvolvemento) para extraer as células nai. Teoricamente, estas poderían logo diferenciarse en tecidos que o paciente necesitase para un autotransplante, que, como terían o mesmo material xenético que o receptor, podería usarse sen risco de rexeitamento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario