Ángela Alves

viernes, 29 de noviembre de 2013

Darwin e a sua teoría da evolución

En 1831, o mozo Charles Darwin embarcaba a bordo do Beagle, nunha travesía que cambiaría para sempre a súa vida e a historia da ciencia. Acababa de abandonar os seus estudos de Medicina, e fuxía da vida de clérigo que o seu pai lle tiña preparada. Embarcou sen unha función específica a bordo. Durante os cinco anos de viaxe, foi asumindo cada vez máis o papel de naturalista.

Beagle tiña a misión de cartografar a costa sudamericana. A Darwin impresionoulle a beleza daquelas paisaxes, tan afastados e diferentes da vella Inglaterra. A Patagonia, a Terra de Lume, o arquipélago de Chiloé e, sobre todo, as illas Galápagos.

Os pimpíns e as tartarugas xigantes das Galápagos fascináronlle. A súa curiosidade levouno a recompilar unha gran cantidade de fósiles. A fauna que vía era nova para el. Non obstante, chamáballe a atención o parecido coas especies europeas. O mesmo sucedía cos fósiles que recollía. Os animais extintos parecíanse moito aos actuais, aínda que non eran iguais. Empezou a concibir a idea dunha selección natural.Pensou que todas as formas vivas tiñan unha orixe común e, mediante pequenas e lentas transformacións, evolucionaron nas diversas formas de vida que hoxe coñecemos. Cando algúns individuos dunha especie desenvolven unha vantaxe que lles permite adaptarse mellor ao medio, sobreviven e reprodúcense. Os seus descendentes herdan esa vantaxe adaptativa. Mentres que os individuos peor adaptados non sobreviven, deixan descendencia e acaban extinguíndose.

De xeración en xeración, as diferenzas fanse maiores e dan orixe ás distintas especies. A evolución é tan lenta ao longo dos eóns xeolóxicos, e a nosa vida tan curta, que por iso non podemos aprecialo.

Darwin publicou a súa teoría sobre a orixe e a evolución das especies en 1.859. Foi unha revolución do pensamento. A sociedade acolleu ben as súas ideas. Bateu récords de vendas e esgotáronse varias edicións. Uns anos antes Malthus publicara o seu ensaio sobre a poboación, no que dicía que a poboación crece a un ritmo moito maior que os recursos, o que dá lugar a guerras e calamidades, e só os máis aptos sobreviven. Agora, Darwin aplica a mesma idea ao mundo natural.A súa teoría supúxolle o enfrontamento coa igrexa anglicana e os sectores ingleses máis conservadores. Concibían a Creación como algo inmóbil. Para eles, Deus creou as especies tal e como as coñecemos, e o home non era unha criatura máis senón que estaba nunha escala superior. A evolución de Darwin priva o home da súa posición privilexiada. É un produto máis da evolución, e a súa orixe é común co resto de especies. Fixéronse crueis caricaturas de Darwincoa famosa lenda de que o home descende do mono. Algo que, por certo, el nunca dixo, polo menos non así.

Darwin foi consciente da revolución científica e cultural que supoñía a súa teoría. Por iso tardou tantos anos en publicala, e só o fixo cando pensou que outro colega, Wallace, se lle ía adiantar.

Ao longo do século XX, as teses de Darwin continuaron sendo polémicas. Algúns apropiáronllas para xustificar a supremacía dunhas razas fronte a outras, ou dunhas clases sociais fronte ao resto. Hoxe, nalgunhas zonas de América, seguen sendo rexeitadas polos creacionistas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario