Ángela Alves

sábado, 30 de noviembre de 2013

A orixe do ser humano.

A nosa especie, o homo sapiens, naceu hai 100.000 anos. Se a historia da Terra estivese contada nun día, o home aparecería 1'7 segundos antes da media noite. Somos uns recén chegados. O homo sapiens foi a especie elixida, a que sobreviviu e evolucionou. Antes, outras especies parecidas intentárono sen éxito e extinguíronse, como o neanderthal.

Tamén o home estivo a punto de desaparecer en varias ocasións. A súa intelixencia, creatividade e as mutacións xenéticas salvárono da extinción. Os cambios climáticos provocaron o salto evolutivo da especie humana.

O estudo dos restos fósiles e as análises xenéticas do ADN nos remotan á orixe do home e a súa evolución. Os restos humanos máis antigos están en Sudáfrica. Hai 50.000 anos, unha glaciación estivo a punto de rematar coa humanidade. Só uns centenares sobreviviron, abeirados en covas da costa sudafricana. Alimentábanse de tubérculos e produtos do mar.

Pero chegou un momento en que os alimentos escaseaban. Abandonaron Africa e emprenderon viaxe cara ao sueste asiático. Sorprendentemente, a primeira zona que poboaron foi Australia. Naquela época o nivel do mar estaba moi baixo e só 250 kms de auga separaban Asia de Australia. Continúa sendo un misterio como lograron cruzar, pero é un feito que o fixeron. Os restos fósiles de hai 50.000 anos confírmano.


Hai 45.000 anos poboaron Asia central, a India e China. O grupo da India adaptouse moi ben e creceu rapidamente. O grupo de China, en cambio, quedou illado durante moitas xeracións. Desenvolveu mutacións xenéticas para adaptarse mellor ao seu hábitat. Así naceron os trazos asiáticos. Pero o clima volveu cambiar e fortes secas asolaron Asia. O grupo de Asia central partiu cara a terras máis frías en busca de pastos. Foron os primeiros poboadores de Europa, hai 40.000 anos.

O home non chegou a América ata hai 15.000 anos. De novo, un cambio climático foi determinante. Durante a última glaciación, un grupo asiático cruzou o estreito de Bering conxelado. Ao volver subir o nivel do mar, quedou illado no novo continente e desenvolveu os trazos indíxenas característicos. Fai tan só 500 xeracións que o home rematou de conquistar todas as zonas habitables do planeta.

Os cambios climáticos dominan a evolución do ser humano. Hoxe enfrontámonos a un novo cambio climático de consecuencias impredicibles. Saberemos adaptarnos aos novos retos como o fixeron os antepasados? Quizais esteamos ás portas dunha nova etapa da evolución humana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario