Brunt informou de que o iceberg, coñecido como B31, se separou do glaciar Pine Island en novembro. "O seu tamaño é suficientemente grande como para que debamos vixialo, apuntou a investigadora, asegurando que as organizacións gobernamentais están pendentes de ducias de bloques de xeo e que a situación actual do B31 non é unha zona de alto tráfico marítimo. "Non" estamos "especialmente preocupados polas rutas marítimas. Sabemos onde se encontran os icebergs máis grandes". Encóntrase no mar de Admunsen, na costa occidental do continente.
"É como unha torta xigante flotando no medio do océano Antártico", engadiu a investigadora do centro Goddard da NASA e da Universidade Morgan State de Maryland. Non obstante, Bruntespecificou que os científicos non están exclusivamente interesados neste iceberg polas súas enormes dimensións, senón porque se orixinou nun lugar inusual.
A greta que deu lugar ao iceberg detectouse por primeira vez en 2011, segundo Brunt, e o glaciar Pine Island foi estudado de preto durante as últimas dúas décadas porque se está a derreter de forma acelerada e podería contribuír de forma importante a elevar o nivel do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario